A Venecia que está detrás

A Venecia que está detrás
03 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Eduardo Estévez rastrexa as ruínas en busca de historias pasadas. Como un fotógrafo urbano da decadencia, o escritor percorre Venecia e nos ofrece a súa particular guía poética e musical no libro Venecia abandonada.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

 

Fotografía: Xan Xe Corral

“A idea do libro naceu de visitar Venecia e atoparse cos efectos da turistificación e imaxinar a Venecia que me gustaría encontrar se fose posible, unha Venecia distinta. É a Venecia que me gustaría ver un día que chego alí. As veces Venecia queda oculta detrás do mogollón e esa é un pouco a idea. Ver a Venecia que está detrás”, explica o autor deste poemario distópico ao que fascina Venecia. “O día que gañe a primitiva o primeiro que faga será irme seis meses a vivir a Venecia para ver como se vive en Venecia”, desvela Eduardo Estévez no club de lectura de Radiofusión.,

Cultura

Publica o teu comentario agora