ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xa hai data. Será este venres ás sete e media da tarde cando se inaugure a nova Praza de España nun acto sinxelo e aberto á cidadanía. Anunciouno así esta mañá o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri quen supervisou a marcha das obras e percorreu o perímetro da praza. O rexedor amosouse satisfeito por ter cumprido os prazos previstos. Destacou que era a primeira vez que pisaba este lugar emblemático da cidade que sempre foi un punto d
Tras as probas de alumeado levadas a cabo na pasada noite, o goberno municipal de Ferrol e a dirección de obras decidiron adiantar a data de inauguración para este venres. Actuarán a Banda do Terzo Norte e a Banda Municipal, conxugando así a representación civil e militar. Ademais bailarán varios grupos de baile da cidade.
Agora a derradeira palabra téñenna os veciños e veciñas, declarou o alcalde. “Nós, fronte aos incrédulos cumprimos os prazos de execución e agora este espazo é a Praza de Ferrol”, engadiu. Restan algúns flecos por rematar como a instalación de partes de céspede, a colocación da barandilla de seguridade na dirección da Estrada de Castela, a posta en funcionamento da cafetería e rematar a construcción do centro deportivo do subsolo. Na seguinte fase de actuacións procederase ao remate dos viais.
O fin desta fase das obras tamén permite a apertura da rúa Galiano que se convirte nun amplo espazo comercial. Pola súa banda, Ángel Mato, salientou que a partir do venres, a cidade conta por primeira vez na súa historia cunha Praza de España funcional e estéticamente a ton co que require o principal punto de referenza de Ferrol.
O edil criticou ao PP pola falta de apoio nun proxecto iniciado por eles. Así avogou pola responsabilidade conxunta de todos os grupos políticos da cidade “pois non é a praza do goberno municial senón que é a praza de Ferrol por excelencia”, recalcou. O mellor virá cando a praza alumeada, coas cafeterías e as súas terrazas abertas, os pequenos xogando no parque, as frores do céspede espertando á primavera enchan de vida a praza de todos os ferroláns.