Ventos de bacallau e Pysbe

Ventos de bacallau e Pysbe
27 de Xuño, 2023 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Ventos de bacallau e Pysbe”. O evento cultural, musical e gastronómico desenvolverase no porto de Ferrol os dias 7, 8 e 9 de xullo. Instalarase unha carpa no peirao da Frigorífica onde presentará Xoanqui Ameixeiras o seu libro “Receitas para encher o peito”. Ofrecerá pinchos de bacallau para degustación. Actuará o grupo Encrucillada,  e impartiranse obradoiros de nós e cabos. Servirase un xantar de bacallau o domingo e contarase coa música de Eugenia Sanmartín.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Colaboran na iniciativa os locais de hostalería de Ferrol vello que ofrecerán nesa fin de semana tapas e racións elaboradas co peixe que nutría a Pysbe. Nunha mesa redonda o venres 7 intervirán as historiadoras Rosa Garcia Orellán (profesora na Universidade do Pais Vasco) Yvonne Batista Magallaes (Museo de Esposende) e Esperanza Piñeiro (historiadora de Ferrol). Organiza a Asociación Veciñal de Ferrol vello coa colaboración da Autoridade Portuaria e do Concello de Ferrol. 

Na imaxe, Emilio Romero, da comisión organizadora, o cociñeiro e escritor Xoanqui Ameixeiras e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao Francisco Barea

Fotografía Xan Xe

 

Máis información sobre a Pysbe:
https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/volve-memoria-do-bacallau

https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/o-espiritu-rebelde-de-ange...

Sociedade

Publica o teu comentario agora