A verba de Carvalho

A verba de Carvalho
01 de Novembro, 2021 - 10:57 h. | Publicada por Radio Negreira

“A verba de Carballo Calero guiaba a discusión asegún axeitados rumos. Era como a fala de un antigo e moderno petrucio a do noso amigo, de aquela un mociño xa escolleito por as ceibes alboradas das dedicaciós absolutas, ialma rexida por escolleitas cordas” afirmaba Otero Pedrayo na resposta que lle da a Carvalho o dia do seu ingreso na Real Academia Galega, segundo recolle Patricia Arias e Adrián Estevez no libro “Polos camiños das horas”.

Primeira leitura continuada do Scórpio

A verba de Carvalho resoou no salón noble do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela ao longo de toda a xornada de onte. Máis de 200 persoas, xoves e vellos, de diferentes profisións e extracción social, acudiron a participar na primeira leitura continuada do romance “Scórpio”, considerada -xunto con Reticencias- o testamento literario do escritor ferrolán. Organizou AGAL.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora