O tamaño do texto non poderá ser superior a 6 liñas, poderá estar escrita en prosa ou en verso e o único requisito é que deberá estar escrita en lingua galega.
As declaración deberán presentarse na OMIX de Arcade, no Multiusos antes do día 30 de abril e os participantes optarán a diferentes premios como un DVD portatil, unha impresora ou un MP4.
Con esta iniciativa perséguese normalizar e fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade xa que os participantes deben ter entre 12 e 18 anos de idade.
Na primeira edición celebrada o pasado ano presentáronse un total de 78 traballos, unha cifra que dende a OMIX esperan igualar nesta segunda convocatoria “xa que os premios son máis atractivos”.