ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O número nove da revista A Tenencia preséntase este domingo. O acto comezará as seis da tarde no local de Redes, Caamouco, Ares. A publicación inclúe un amplo artigo sobre os traballos do carpinteiro de Limodre Robustiano Anca. Aprendeu o oficio en Cuba e xa retornado, traballou en numerosos edificios emblemáticos de Fene e Ares. A Agrupación Instrutiva de Caamouco, presidida por Daniel García impulsa a publicación que conta con 289 páxinas.
Ernesto López da agrupación Instrutiva de Caamouco lembra que nas casas de Redes, como na maioría das vivendas do rural galego, hai verdadeiros tesouros en forma de obxectos e documentos. "Pero en moitas ocasións non se lle da o valor que teñen para elaborar a micro historia da zona" conclúe.
Na imaxe, Daniel García, presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora