Verdades íntimas

Verdades íntimas
05 de Outubro, 2022 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

“Enser é a teoría da práctica que renega da teoría”. Esta é unha das definicións que atopamos dentro de Enser, o novo libro de Marcos Lorenzo. O escritor e técnico cultural falará desta obra editada por Galaxia o vindeiro venres no clube de lectura de Radiofusión.

Fotografía: Xan Xe Corral

“Ao longo de todo o libro se destila un certo cansazo ou unha certa fartura da cháchara intelectual e do balbordo no que vivimos. Eu o que estaba buscando era afastarme un pouco dese mundo e do imperio da linguaxe para buscar dende a vía cotiá determinadas verdades íntimas que funcionasen como asideiros onde un puidese agarrar”, afirma Marcos Lorenzo. Enser é un libro con humor sobrio e un emprego coidadoso da temperatura emocional, e a súa amabilidade é compatible cunha dureza que, máis que un trazo argumental, é una virtude estilística, segundo escribe Pablo Seoane. A rítmica do texto e a música da fala están presentes nesta obra que protagonizará o vindeiro venres o clube de lectura de Radiofusión.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora