Vestixios dunha cultura tradicional contra a sombra das macrogranxas.

Vestixios dunha cultura tradicional contra a sombra das macrogranxas.
02 de Xullo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Por César Bravo Pereira.

As feiras, mercados e prazas de abastos supoñen unha canle de consumo alternativa á agricultura industrial que domina nas grandes áreas comerciais e hipermercados, ademais de ser eventos de gran valor social e cultural.

A superficie agrícola utilizada media por explotación en España segundo datos do INE é de 30 hectáreas, sendo en Galicia tan solo de 14. Este dato reflexa como o en Galicia, afortunadamente, apostamos máis por unha agricultura local e de pequeno mercado, en contraposición á agricultura industrial que domina no sector. 

Un dos principais motivos polos que isto é posible e a preservación das feiras, os mercados e as prazas de abastos. Vías alternativas de compra e venda de produtos agrarios que lle dan vida a todos eses produtores locais que de outra forma terían moi complicado competir coas grandes áreas comerciais. A maiores, son espazos de reunión e de gran valor cultural. Son esenciais iniciativas como as do concello de Tui, que recentemente renovou por completo o seu mercado municipal, outorgándolle un carácter máis moderno e atractivo para a xente nova adquira hábitos de compra no mercado municipal.

Fotografía: XanXe

Imaxe: Feira de artesanía. San Valentín. Fene. Febreiro 2022.

Sociedade

Publica o teu comentario agora