Veterinarios en loita

Veterinarios en loita
09 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Segue a loita dos veterinarios contra a nova normativa sobre medicamentos. “Estamos limitados nas prescricións, non so de antibióticos, de fármacos en xeral, hai cousas que non teñen moito sentido”, comentou a veterinaria etóloga Noemí Graña en Radio Fene 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Nós temos o noso criterio clínico e estamos nunha tesitura moi difícil porque ou incumprimos o regulamento do Medicamento ou incumprimos a lei de Benestar Animal”, denuncia Noemí que tamén respondeu ás preguntas da audiencia en Radio Animal. “É bo que o naris dos cans estea húmido, é un dos mecanismos de termo-regulación”, explica.  Respecto da moda de sacar pasear os gatos, advirte que “depende do gato, á gran maioría non lles gusta saír, normalmente teñen medo aos estímulos ambientais”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora