ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A programación musical é un dos eixes centrais da Festa do Queixo de Arzúa. Por iso, nesta edición os organizadores optaron por grupos de referencia no panorama musical como Vetusta Morla ou Uxía, recentemente galardoados cos Premios da Música 2009. Ambos serán cabeza de cartel, Vetusta Morla do sábado ás once da noite e Uxía do domingo, ás
Logo da final do Queixo Maquetón, Le Punk abre a noite do sábado ás nove, para rematar cara a unha e media da madrugada co gañador do concurso de maquetas. O domingo pola tarde comeza coa actuación da banda catalana Always Drinking Marching Band, que fará o seu espectáculo musical itinerante polas rúas de Arzúa. Xa ás sete da tarde dará comezo a actuación de Uxía e a súa banda lusófona para rematar con Vaamonde, Lamas e Romero, actuacións afincadas na tradición e universalidade da nosa música. Tamén merece especial mención o concerto que ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Galicia na Capela da Madalena o sábado ás cinco da tarde.