ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Xulgado de Ferrol ven de desestimar duas demandas interpostas por Viaqua contra o Concello de Fene. A empresa concesionaria do servizo de auga e abastecemento reclamaba 600.000 euros pola actualización do canon dos anos 2015 e 2016.
A xuiza estima que a empresa non xustifica documentalmente os hipotéticos desequilibrios e lembra que no contrato inicial do ano 1993 non se fixaba unha clausula de revisión automática. O canon é unha cantidade que o Concello debe abonar á empresa concesionaria, no caso en que esta xustifique desequilibrios na xestión do servizo. O alcalde de Fene Gumersindo Galego criticou ao goberno anterior por non contestar á reclamación de Viaqua previa ao contencioso administrativo.
Galego acusou ao anterior alcalde Juventino Trigo do que calificou como “baixada de orellas” fronte a Viaqua. O contrato de concesión á empresa do servizo de auga e abastecemento finalizou en novembro de 2018. Comunicouselle á Viaqua a finalización do contrato e a súa obriga de continuar prestando o servizo de xeito transitorio ata que o Concello decida a nova fórmula de xestión. Será unha das tarefas da Corporación que saia das urnas o vindeiro 26 de maio.
Publica o teu comentario agora