Viaxar co hotel

Viaxar co hotel
18 de Decembro, 2024 - 02:45 h. | Publicada por Radio Fene

“Moverse sen ter que facer e desfacer a maleta, paréceme comodísimo”. Ana Rodríguez Loureiro, da axencia de viaxes Arlo recomenda a experiencia de facer un cruceiro. “Un cruceiro é unha cidade pequeniña, tes bares, restaurantes, teatro, xogos de animación, piscina, e a maleta sempre vai contigo”. 

ESCOITA O PODCAST:

“Hai xente que se fai cruceirista profesional, cóllese o vicio”. Non é de estrañar. Para quen teña vacacións de Nadal, a oportunidade de viaxar nestas datas e que non queira pasar frío, Ana Rodríguez Loureiro propón facer un cruceiro polas illas Canarias e Madeira, coa vantaxe de que para embarcar hai voo directo desde o aeroporto de Santiago. Unha semana para visitar cinco illas das Canarias e tamén Funchal. As saídas son os domingos de Tenerife e os luns das Palmas, a partir do 22 de decembro. “Viaxas pola noite, so hai un día de navegación, ata Madeira”, sinala a xerente de Arlo. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora