A viaxe alucinante e alucinada do Camarada Nimoy

A viaxe alucinante e alucinada do Camarada Nimoy

19 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Coa música dos Camarada Nimoy fanse viaxes. Sáese das dunas da praia de Samil e pódese chegar en tren a Vulcano. Se é o Vulcano do que procedía o señor Spock de Star Trek ou é un estaleiro vigués, resulta difícil sabelo. A fin de contas, son "Alucinacións acústicas", que é o como se chama o novo disco da

Camarada Nimoy inclúen por vez primeira voces en "Alucionacións acústicas": é a da poeta Silvia Penas, tamén cantante no proxecto Cinta Adhesiva, que achega os seus versos ao tema "A luz teme o silencio". É un da ducia que o grupo entrega desta vez nun vinilo de cor laranxa que autofinanciaron co bote de cartos amoreados concerto a concerto. Xa andan a presentar ao vivo este novo traballo e será precisamente nos recitais, e tamén a través dos seus perfís en internet, onde se poderá acceder ao disco.

Cultura