ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un misterioso pergamiño do século XII. Na aventura acompáñano o seu sobriño Axel e o guía Hans. Os tres entran por un volcán cara ao interior da Terra, onde sufrirán unha serie de peripecias e descubrirán un asombroso mundo mezosoico enterrado nas profundidades.Ese é o resumo do argumento da novela de Xulio Verne "Viaxe ao centro da terra". H
Unha fervenza do rio Valiñadares recolle as augas da serra de Lourenzá e da cova do Rei Cintolo. Segundo Estanislao Fernández de la Cigoña no seu libro "As covas de Galicia", a natureza caliza da cova fai que toda ela se vexa adornada de amplas estalactitas e estalagmitas e moitas veces se unen formando enormes columnas. Fermosas concrecións calcáreas penden das paredes en forma de dedos, fervenzas, acios, coladas e cabelos. A ampla galería central, é unha sucesión continuada de diversas salas. Na visita guiada, hai logo que baixar por unha pendente coa axuda dunha corda. Pásase pola beira dun lago e hai que cruzar un pequeno corredor no que hai que atravesar uns 2 metros agatuñando.
Un nome dado á fantasía
O estraño nome que leva a cova permitiu a poetas e investigadores elaborar as máis raras teorías para xustificalo. Algúns asocianno ao rei Suintila, monarca dos visigodos entre os anos 621 e 631.
Restos arqueolóxicos e humanos
As entrañas de Galicia nunca atraeron,fose cal fose o tempo, aos homes que habitaron neste cadrante da Península Ibérica. Teñénse atopado restos humanos datados na época do home de Cromagnon, pero en ningún caso apuntan a unha ocupación continuada da cova.