ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ir sempre coa mente aberta. Viaxar en grupo. Madrugar para evitar as horas de máis calor nas visitas. Non beber auga da billa e probar a gastronomía local. Son os consellos que nos deu Ana Rodríguez, da axencia de Fene Zafiro Tours, para ir a Exipto no espazo Bulebule.
“A cuna da civilización, algo que non se debe perder na vida, podendo hai que facelo”. Unha semana é o tempo mínimo necesario. “Catro noites de cruceiro polo Nilo e tres de hotel no Cairo, con unha semana damos apañado”. Pódense aproveitar vos directos que hai desde Santiago de Compostela, a duración do voo e dunhas seis horas. Templos, pirámides, museos, o bazar do Cairo, o río Nilo, desertos, Alexandría...hai moito que ver. Mesmo coñecer o pobo nubio. Exipto é unha gran potencia turística. O turismo é a principal fonte de ingresos do país. Por iso, para o Goberno a seguridade é primordial e ata hai unha policía turística. “É un país seguro, pero recomendo sempre ir en viaxe organizado”, di Ana Rodríguez. Beber moita auga, nunca da billa e non tomar xeos. Son precaucións necesarias. E hai que aproveitar a viaxe para saborear a gastronomía local
Publica o teu comentario agora