Viaxes sen Lee

O galego é ponte entre un e outro lado do océano Atlántico.
28 de Xuño, 2019 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

"Viaxes sen Lee" é o nome dos artigos que o mugardés, afincado en Wisconsin,  Gabriel Rei-Doval publica en Galicia Confidencial.

ESCOITA O PODCAST:
GABRIELREIDOVAL2019

“Viaxes sen Lee” é o nome dunha serie de artigos publicados en Galicia Confidencial polo profesor de Español na Universidade norteamericana de Milwaukee (Wisconsin) Gabriel Rei-Doval. O mugardés afincado nos EEUU, encetou unha viaxe en agosto de 2018 que rematou no mes de decembro do mesmo ano. Unha viaxe de 18.000 quilómetros por estrada, cara ao oeste, despois de Oregón a Seattle e do Sur de California a Wisconsin. Un traxecto real que conecta co periplo interior do noso protagonista. Non son outra cousa que 96 dias de ligazón entre Galicia e os Estados Unidos de América. A conexión entre ambas culturas é o que buscaba Gabriel nesta odisea que agora publica en forma de artigos. Xa van 27 e quedan outros tantos.

As literaturas orais e escritas nas dúas bandas do Atlántico, historias xeográficas e humanas, son o pouso desta experiencia da que nos falou o profesor Gabriel Rei-Doval. Rei-Doval quere consolidar os estudos galegos desde unha perspectiva global e transatlántica. Porque o galego serve de ponte entre o mundo portugués e brasileiro e o castelán e español.

Ven de publicar con editorial Routledge hai dúas semanas o libro en inglés Lusophone, Galician and Hispanic Lingüisticis: Bridgin Frames and Traditions. Na conversa afloraron os nomes de Xosé Rubia Barcia, Ramón Martínez López ou Ernesto Guerra da Cal, como precursores na difusión da lingua e da literatura galega en Norteamérica.

Cultura

Publica o teu comentario agora