ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O libro “Xuvia-Neda” de Vicente Araguas supón a incursión do autor no mundo do relato despois de tres décadas adicadas á poesía, á crítica e á novela. Araguas fai un exercicio de memoria para trasladar ao papel a súa infancia en Neda, recreándose no personaxe do neno Fandiño. Non é a primeira vez que a súa localide natal aparece na obra do nedense xa que tamén asoma nos poemarios, “Xuvia&
O libro de relatos componse dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal. A pesar do título é un libro universal onde se condensa sabedoría, delicadeza, filosofía e humor para recoller, despois de tantos anos, a memoria de Vicente Araguas.
“Unha historia de amor”, “Tríptico do tenente” e “Prismáticos” son algúns dos relatos dos que o autor se amosa máis satisfeito. “Historias que sempre estiveron conmigo, todo o que vivín desde a miña casa do Portazgo”, explica o escritor. Unha viaxe sentimental onde se mesturan personaxes de ficción xunto a outros tan certos como Marcelino, saíndo do Hispano-Argentino o verán do gol a Rusia.