A vicepresidencia Primeira da Deputación e o Aeroclub de Rozas organiza no II Open Nacional de Tiro para esta fin de semana

A vicepresidencia Primeira da Deputación e o Aeroclub de Rozas organiza no II Open Nacional de Tiro para esta fin de semana

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O propio Antón Bao foi o encargado de presentar esta competición, da que afirmou que vai “camiño da consolidación, despois do éxito do ano pasado”. O mandatario provincial referiuse á “tradición” e ao “interese” que esta práctica deportiva ten entre os lugueses, xa que conta con importantes figuras nos ránkings nacionais, “como é o caso de Julio Rivas, por exemplo”. O vicepresidente provincial amosouse seguro  de que esta afección “levará ao éxito a esta II edición, dun deporte que non é minoritario, tanto pola participación, como pola súa penetración na poboación”.

 

José Antonio Barro, responsable do Aeroclub de Rozas adiantou que a participación deste ano “será un pouco mais baixa, uns quince participantes menos, co que rozaremos os 130 tiradores”. As razóns esgrimidas para este descenso están “no grande volume de competicións internacionais que se producen nestas datas e ás que acoden tiradores galegos e do resto de España”. Sen embargo, asegurou que “haberá un gran nivel entre o 26 e o 27 de febreiro”. Segundo dixo Barro, as actividades non se circunscribirán exclusivamente á competición, senón que “buscaremos que este II Open sexa unha xuntanza de tiradores, polo que organizamos visitas pola cidade, así como unhas xornadas gastronómicas, para que Lugo sexa coñecido noutros aspectos ademais dos deportivos”.

 

Este último punto centrou a intervención do concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, xa que considerou este evento “como unha convivencia entre deportistas, o que permitirá amosar aspectos de Lugo que van mais alá do deporte”. Posteriormente afondou na idea de que o tiro “non é minoritario na provincia, xa que conta con numerosos seguidores”.

 

Como representación da Federación Galega de Tiro acudiu Ángel Blas Paz, que puxo en riba da mesa o bo nivel dos tiradores galegos, que se sitúan “entre os cuartos ou quintos de España”, e dos que os lugueses forman “a columna vertebral da nosa representación”. Blas Paz destacou ademais a novidade da categoría de minusválidos, que participan por primeira vez.

Deportes