ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os concellos de Fene, Mugardos e Neda ofrecen instrumentos para que as familias saiban comunicarse mellor con fillos e fillas. Os servizos sociais dos tres municipios colaboran no programa “Máis que un teito”. As actividades comezan o luns 17 de marzo, informou a pedagoga municipal de Fene María Xosé Paz.
“Son espazos de encontro para tratar dúbidas e facer prevención, porque evidentemente a vida é risco”. Ofrécese ás familias a posibilidade de adquirir ferramentas coas que saber enfrontar situacións de risco nas que se poden ver os seus fillos e fillas.
“Preadolescencia e adolescencia: entender para poder conectar” é o tema da primeira charla organizada para as familias. Dirixida pola psicóloga e educadora de disciplina positiva Andrea Bechlian. Terá lugar na Casa da Cultura de Fene o luns 17 de marzo, ás 18:30 horas..
Esta actividade é complementaria das que desenvolve a área de Benestar e Igualdade coa rapazada nos centros educativos.
Publica o teu comentario agora