Vida de cans

Alegoría canina en cinco ladridos escénicos
18 de Febreiro, 2019 - 10:18 h. | Publicada por Radio Fene

O Pazo da Cultura de Narón acolle a obra de Cándido Pazó. Tres cans están recluidos nun recinto que lles preparóu o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi limpo, pero recinto. Bien tratados, bien atendidos, bien alimentados,pero recluídos. Fora do recinto está a liberdade.

Talía Teatro estrea VIDA DE CANS no Pazo da Cultura de Narón. Talía teatro levará a Narón a súa última montaxe, Vida de Cans, esta semana, o venres 22 e sabado 23 de febreiro, un texto de Cándido Pazó, que el mesmo dirixe. A montaxe é unha visión do mundo dos humanos desde o punto de vista de tres cans, Nemo, Lupo, e Nolo, interpretados por Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo. Unha visión cómica en moitos momentos pero que non está exenta de crítica cara os seres humanos.

Dani Trillo encárgase do deseño do espazo escénico e da iluminación, Martina Cambeiro do vestiario e da maquillaxe, Fernando Fraga da música, Fausto Isorna do deseño gráfico e Rubén Prieto da fotografía e vídeo. As entradas para asistir á obra poden adquirirse xa no despacho de billetes virtual do Pazo da Cultura. O público xeral pagará 9,50€ e 6.65€ abonados, desempregados ou Carne Xove ou de Estudante (ata 25 anos).

Cultura

Publica o teu comentario agora