ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Astano, Navantia Fene, Izar Fene...Distintos nomes para o estaleiro, a maior industria de Fene. O motor económico que atraeu poboación e servizos a este concello. Da súa historia, do éxito e a reconversión falou na Fenestra Estefanía Purriños, responsable da Oficina municipal de Turismo.
"Para os de aquí o estaleiro é case toda a nosa historia", subliña. Nos antecedentes hai que resaltar o nome de Ramón Aguilar Prieto, que en 1917 regresa a Perlío de Uruguai e monta na ribeira un obradoiro de carpinteiría para reparación e construción de embarcacións de madeira. Outro nome, o de José María González Llanos que en 1940 funda Astano. O primeiro barco foi o “Comandante Lobo”, pesqueiro de madeira propulsado a vapor. En 1958 xa constrúe petroleiros e cargueiros. A actividade no estaleiro beneficiouse da guerra dos Seis días, porque o peche do canal de Suez levou a construír máis barcos con maior capacidade. Un ano despois, no 1968, instalouse o guindastre pórtico, tan representativo. Baixo del cabería a catedral de Santiago, contounos Estefanía. E sería quen de levantar 800 turismos a un tempo. Outro dos grandes fitos na historia do estaleiro foi, en 1972, a botadura do Arteaga que tanta expectación levantara. A calidade da construción no estaleiro mesmo quedou en evidencia co desastre do Discoverer Enterprise, o 13 de xaneiro de 1998. Rompeu a ponte das Pías pero este buque de prospección petrolífera non sufriu dano ningún. “Ese buque alí aparcado na ponte, cando foi retirado na ponte non tivo ningún dano”.
Publica o teu comentario agora