ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
En Radio Animal esta semana coñecemos a Churro, un fermoso gatiño exipcio. Falounos del e de moitas outras cousas a veterinaria etóloga Noemí Graña.

Churro é moi activo, dorme pouco, sae de paseo todos os días e no inverno teñen que sacalo á rúa moi abrigadiño porque os gatos da súa raza -sphynx ou gato exipcio- non teñen pelo. Como lle gustan moito as novidades, no seu caso non hai problema en deixalo noutra casa cando a titora ten algunha viaxe. En cambio, Noemí recomenda deixalos no seu entorno se marchamos por poucos días ou cando se trata de gatos medorentos. O ideal é que a persoa que se faga cargo deles vaia a diario darlles os coidados precisos. Tamén nos explicou esta semana a colaboradora de Radio Fene detalles sobre a linguaxe corporal dos gatos. “Diferente á dos cans, é moito máis complicada de ler para nós”, sinalou que debemos estar atentos a “orellas, rabo, ollos e a postura corporal”.
Publica o teu comentario agora