ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As colaboracións nas revistas Vida Gallega e Maruxa foron os primeiros textos publicados por Ricardo Carvalho Calero, segundo indicaba o escritor ferrolán en 1989. O catedrático de lingua e literatura galega morreu o 25 de marzo de 1990. Cúmprense hoxe os 19 anos do seu pasamento.
Cinco duros pagávamos de aluguer,
Era un terceiro andar, bem folgado.
Pola parte de atrás dava ao Campinho,
E por diante á rúa de San Francisco.
Comeza así o poema “Ferrol, 1916” incluido no libro Futuro Condicional de Carvalho Calero. Lembrando ao ilustre polígrafo a Fundación Artabria realiza esta tarde un acto na Rúa San Francisco de Ferrol. O profesor da Escola de Idiomas Mauricio Castro, glosará a súa figura e demandará que se lle adique o Dia das Letras Galegas do 2010 coincidindo co centenario do seu nacemento.