ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Segundo Campionato de fotografía submarina Fotosub Concello de Fene dispútase este domingo. Puntuable a nivel galego, abre a programación deportiva de verán do Concello de Fene
A vida nos fondos mariños quedará retratada nesta primeira actividade da programación deportiva de verán organizada pola Concellería de Deportes. As persoas participantes sairán en barco do peirao de Barallobre ao redor das nove da mañá e realizarán dúas inmersións entre as dez da mañá e a unha e media do mediodía. Como novidade, nesta edición vinte persoas que solicitaran facelo con antelación van poder presenciar a proba desde unha embarcación que servirá de apoio á proba.Organizan: Concellería de Deportes de Fene, CAS Nautilus Fene e Federación Galega de Actividades Subacuáticas coa colaboración da Confraría de Barallobre.
Publica o teu comentario agora