Vida municipal

Vida municipal
23 de Xullo, 2026 - 05:20 h. | Publicada por Radio Fene

O paso a nivel en Perlío e os terreos para o centro de saúde son dous dos temas que comentou a voceira socialista no Concello de Fene, María Ares, na sección dedicada a actualidade política municipal.

ESCOITA O PODCAST:

“Era unha demanda histórica dos veciños e veciñas, supón unha mellora da seguridade dos que cruzan a diario a vía do tren”. A voceira do PSOE no Concello de Fene, María Ares, felicitouse pola aprobación do convenio entre o Concello e Adif para a construción do paso sobre a vía en Perlío. “Creo que vai ser moi positivo e esperemos que se materialice canto antes”, sinalou a voceira municipal socialista que tamén pide información sobre os plans para o novo centro de saúde. “Me consta que o Estado ten boa vontade, pero non vemos avances”, manifesta María Ares sobre a cesión de terreos ao Concello por parte do Goberno.  

Institucional

Publica o teu comentario agora