A vida valía menos que unha pataca

A vida valía menos que unha pataca

25 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con esa reflexión referíase o profesor Francisco Vizoso aos anos posteriores a 1936. E como a vida valía pouco, os ideólogos da sublevación do 18 de xullo, planificaron o exterminio físico dos adversarios para asegurarse a eliminación da oposición. Ademáis extenderon un medo paralizador no conxunto da poboación. A represión afectou a persoas de toda condición social e incluso ideolóxica, ao almirante Azarola -cat&oacu

O crego Andrés Ares Diaz, de 45 anos era natural de Corbelle en Vilalba (Lugo). Foi párroco do Val de Xestoso en Monfero (A Coruña) desde 1931 a 1936. Négase a entregar a recaudación das festas para o Movimiento Nacional. Detéñenno, levanno a Ferrol, logo a Fene, acúsanno de entregar cartos para o Socorro Rojo e fusílanno diante da casa reitoral de Barallobre (Fene) para escarmentar ao seu crego, sospeitoso de colaborar cos republicanos.

A represión franquista afectou a xente que hoxe consideraríamos de "centro" e o caso do crego de Xestoso demostra que implicou a moitos máis sectores do que a historiografía franquista afirmaba. No Rexistro civil, na súa partida de defunción indícase que foi eliminado pola Garda Civil, ao intentar fugarse cando era conducido a practicar unha dilixencia. Testemuñas presenciais sinalan que un pelotón de milicianos falanxistas fusilouno diante da porta do cemiterio parroquial de Barallobre. Antes deixaron que se confesara co cura párroco a quén lle deixou 200 pesetas e 1 reloxio. O fillo dun miliciano lembra que o seu pai se opuxera ao fusilamento do sacerdote. Dixéranlle que os mortos podían ser 2 e fórase para a casa, onde sofriu febres emocionais durante 3 dias.

Sociedade