Vidas salvadas

Vidas salvadas
24 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Agora fixámonos”. Un chamamento feito pola veterinaria etóloga a través de Radio Fene salvoulle a vida na última semana a dous gatiños que buscaban calor pola noite no motor dun coche. Tino, que nos escoita desde Asturias, salvou dous gatos a semana pasada. 

ESCOITA O PODCAST:

“Un dos gatiños tiveron que sacalo os bombeiros, outro deu escapado el so”, explicou Noemí que reitera a importancia de comprobar o coche antes de arrincalo “empezou vir o frío, se tedes o coche fóra revisade o motor, moitos gatiños pequenos métense dentro durmir”.

Vacinas, si e pipetas antiparasitarias tamén, pero de veterinario, non de supermercado. “Esas non son eficaces”. Recomendación da veterinaria etóloga a todas as persoas que teñan mascotas. Aínda que sexan pequenas e non saian da casa. Porque nós si saímos e podemos levarlles algún mal. 

Para facerlle consultas a Noemí Graña podedes mandar unha mensaxe a Radio Fene, a través do teléfono móbil 659 193 663. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora