Vigo “airea” os poemas de Cunqueiro

Vigo “airea” os poemas de Cunqueiro

23 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Álvaro Cunqueiro é o autor galego máis versátil, prolífico e fantástico que deron as nosas letras. Para nós é un pracer pero tamén unha obriga renderlle honra". Con estas palabras o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, presentou os actos que, xunto co concello da cidade, organizaron para lembrar ao escritor mindoniense. O programa de actividades, posto en marcha por mor do centenario do nace

A Praza da Constitución de Vigo acolle desde hoxe un tendedeiro no que, en lugar de roupa, o que pendura das pinzas son 2000 láminas con poemas de Cunqueiro traducidos a 15 idiomas distintos que aqueles que o desexen poderán coller e levar para casa de xeito gratuíto. Entre as traducións, que permanecerán durante toda a semana, inclúense linguas como a romaní, a árabe ou bereber.

O acto central da homenaxe celebrarase este sábado no Centro Social Novacaixagalicia. Partiparán na cita o ex director xeral de Faro de Vigo, Ceferino de Blas, e o presidente do Consello Galego da Cultura, Ramón Villares. Ao rematar esas intervencións, estudantes da Escola de Arte Dramático de Vigo farán unha versión dramatizada de Xan, o bo conspirador' mentres que Luis Emilio Batallán musicalizará poemas do escritor.

Sociedade