ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O vindeiro 28 de marzo celébrase o centenario da Reconquista de Vigo diante das tropas de Napoleon. Ese dia escenificaráse no caso vello da cidade unha representación da derrota do exercito francés. Xa o 12 de marzo comezará na cidade olívica un Congreso histórico sobre a denominada guerra do francés.
O turismo histórico é un dos valores que pretende vender Vigo, o primeiro destino urbano da Península Ibérica que non é capital provincial nen autonómica. O turismo de congresos, naútico e cultural serán algunhas das liñas de promoción da cidade olívica, segundo explica o tenente de alcalde Santiago Dominguez .
O Plan de competitividade de Vigo 2009 - 2012, quere fixar os obxectivos turísticos da cidade e planificar os recursos necesarios dunha cidade situada a tres cuartos de hora de Santiago de Compostela. Pretenden aproveitar tamén o tradicional polo de atracción que representa Vigo no Norde de Portugal. Este ano débese pelexar por manter o número de visitantes, pero no Xacobeo 2010 toda Galicia, ten que beneficiarse da afluencia turística.