Vigo e Ameneiro correrán en Granada

Vigo e Ameneiro correrán en Granada
30 de Outubro, 2018 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

Fátima Ameneiro e Edgar Vigo volven á estrada a vindeira fin de semana. Cando xa se resignaban a abandonar o Campionato de España de Rallyes de Terra,tras o accidente sofrido en Lleida, recibiron a chamada dos organizadores da proba de Granada. Ofrecéronlles un vehículo para poder contar con eles na carreira da cidade da Alhambra. o venres 2 e sábado 3 de novembro.

Coche co que correrán Edgar Vigo e Fátima Ameneiro en Granada

A sétima proba do Campionato de España de Rallyes de Terra xa coñece quen serán os equipos que estarán na saída deste próximo venres 2 de novembro. Finalmente serán cincuenta e cinco os pilotos inscritos para a disputa da quinta edición do Rallye de Terra Cidade de Granada. Na lista atopamos nomes como o de Xevi Pons, actual líder e claro favorito a facerse co título en Granada.
Tamén participan Fátima Ameneiro e Edgar Vigo da Escuadra Scratch Fene. Os pilotos sufriron un  parón por motivos económicos debido ao accidente do o Rallye Ciutat de Cervera en Lleida. Pero, o equipo de Scratch Fene recibiu a chamada de Plemar Sport, para ofrecerlles un volante co que poder recuperar a confianza e emoción da competición.a bordo dun Hyundai Getz Proto con 144 CV. Xa confirmaron a súa participación na carreira de Granada do próximo fin de semana. 

Deportes

Publica o teu comentario agora