Vigo e Ameneiro van a Bélxica

Vigo e Ameneiro van a Bélxica
25 de Agosto, 2021 - 11:04 h. | Publicada por Radio Fene

A próxima proba puntuable para o Tour European Rally 2WD será o Rallye Conxion Omloop Van Vlaanderen na localidade belga de Roeselare, lugar ao que os de Scratch Fene se desprazarán o vindeiro luns 30 de agosto. Edgar Vigo e Fátima Ameneiro van en primeira posición tras o Rally de Ferrol. 

ESCOITA O PODCAST:

Tatty Lavandeira falou no Rallye de Ferrol con Iván Ares, o gañador da proba

http://173.255.131.18/audio/250821ARES.mp3

Edgar Vigo e Fátima Ameneiro

 Recolección de puntos de Édgar Vigo e Fátima Ameneiro para saír de Ferrol liderando o Tour European Rally 2WD. O coeficiente superior, que outorga un 50% de puntos máis en Ferrol que no resto de rallyes do certame continental, non foi suficiente para que os pilotos europeos se animaran a participar.  Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, non tiveron o Rallye de Ferrol que desexaban. Despois dun inicio de competición gozando dos 2 primeiros tramos, unha avaría sufrida tras un impacto cunha pedra nun cruzamento, facíalles ter que abandonar na xornada do venres e ter que aproveitar a modalidade de super rallye para reengancharse á carreira con 10 minutos de penalización. Deste xeito, os de Fene dedicáronse a gozar do seu 208 Rally4 ao longo do sábado, cun único obxectivo, cruzar a liña de meta e levar os 45 puntos que outorga o TER ao Rallye de Ferrol, fronte aos 30 puntos de calquera outra proba. Deste xeito, a pesar de non tomar a saída na proba de hai 2 semanas en Italia por motivos orzamentarios, o equipo afianzouse á primeira posición do TER 2WD, xa que ningún dos seus rivais se presentou en Ferrol e os 15 puntos extras, sérvenlles para adiantar ao romanés Alex Filip. 

Deportes

Publica o teu comentario agora