Vigo e A Coruña, xunguidas pola música de Hernández e Sanjurjo

Vigo e A Coruña, xunguidas pola música de Hernández e Sanjurjo

06 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A programación de concertos do ciclo “As Noites en Capela” do mes de xuño, organizada pola Concellería de Cultura de Ferrol, iniciase esta noite coa actuación de La maravilla enmascarada, o novo espectáculo de Juan Hernández (Siniestro Total) e Rómulo Sanjurjo (Diplomáticos de Monte Alto) Inundarán a Capela do Torrente Ballester co seu rock. O concerto comeza ás 21:00 horas e as entradas poden adquirirse d

Trala frutífera experiencia de “Transportes Hernández e Sanjurjo”, o vigués de Casablanca e o coruñés de Monte Alto propoñen esta vez un percorrido musical multidimensional por universos paralelos e realidades alternativas. Sen deixar de lado a parte máis eficaz do seu anterior repertorio común, Hernández e Sanjurjo electrifícanse -en parte- e abandónanse -en boa medida- ao hedonismo máis voluptuoso con outras sensacións procedentes de repertorios tan aparentemente afastados como os de Petula Clark, King Crimson, Charley Patton, The Kinks, Can ou o compositor Andrew Lloyd Webber.

O concerto que hoxe ofrecerá La maravilla enmascarada abre esta nova tempada de “As Noites en Capela”. A programación completarase neste mes de xuño con tres novas actuacións, as de, La caverna mágica -día 13-, Graham Summer -día 20- e Rober de Flor & Los Silvestres -día 27-.

Sociedade