VIII Campus Natación Artística

VIII Campus Natación Artística
18 de Agosto, 2020 - 11:03 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Sincro Ferrol levará a cabo a oitava edición do seu Campus de Natación Artística no Clube de Campo de Ferrol.

Membros do Club Sincro Ferrol

Terá lugar entre o 1 e 5 de setembro en horario de 10.00h da mañá a 14.00h da tarde. Podería haber servizo de madrugadores segundo demanda.

Algunhas das actividades que se realizarán serán xogos cooperativos, baile moderno, gym, obradoiro de música e habilidades acuáticas.

O Campus está dirixido á rapazada de entre 4 e 10 anos e ten un custe de 45€ para socios do Clube de Campo e 65€ para non socios. As inscricións poden realizarse na recepción das instalacións. Máis información no 698 184 976.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora