A VIII Subida ao Monseivane de BTT promete dureza e diversión durante 51 quilómetros

A VIII Subida ao Monseivane de BTT promete dureza e diversión durante 51 quilómetros

06 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os ciclistas de BTT mais avezados terán un bo reto o domingo 10 de outubro na VIII edición da Subida ao Monseivane, que este ano tamén visitará a Serra do Xistral e o Concello de Abadín. 51 quilómetros esixentes probarán a valía e a superación persoal dos participantes, que desde a organización esperan que poida chegar a 250. Na actualidade hai xa 180 inscritos. A marcha servirá como homenaxe ao membro fundador do club organizador,

O acto de presentación correu a cargo do primeiro tenente de alcalde de Vilalba, Jesús Bermúdez; do responsable CC Vilalba-As Pontes, Emilio López, e do edil de Abadín, José María López Rancaño.

O primeiro en tomar a palabra foi o propio Bermúdez, quen amosou o “pracer que supón para o Concello de Vilalba colaborar nun evento deportivo que foi galardoada o ano pasado como a mellor ruta de Galicia”. Para Bermúdez o éxito está asegurado para este ano e os seguintes, porque “as bases desta marcha xa están postas, gracias ao gran traballo que desde o CC Vilalba-As Pontes están a levar a cabo”.

Pola súa banda, o presidente do club ciclista chairego., Emilio López, non se quixo esquecer do homenaxeado nesta edición, Vicente Otero Currás, de quen dixo “era un membro dos do comezo, que sempre estaba traballando polo club e participaba en cantos eventos se puñan en marcha desde o club”.

O propio López xustificou o cambio de data da marcha, que nos últimos anos tiña lugar en Abril, por cuestións meteorolóxicas. “Esta marcha comezou en febreiro, pero o frío, incluso a neve obrigounos a cambiala para abril, mes no que se celebraron as últimas cinco edicións. Sen embargo, a auga que sole facer aparición fíxonos cambiar a facela en outubro para probar. Despois do domingo analizaremos se o cambio foi positivo e se a mantemos neste mes ou voltamos a abril”.

Inscrición aberta

O período de inscrición pódese facer mediante unha transferencia bancaria directa, cuxa data final é mañá ata as 14 horas; ou ben mediante a plataforma de internet, www.championchipnorte.com, que dispón como límite para formalizar as inscricións ata o venres ás 14 horas. O prezo será de 15 euros para os federados e de 23 para os non federados, xa que deberán sacar unha licencia provisional que ten un custe de 8 euros para poder participar.

Desde a organización premiarase aos 250 primeiros inscritos cun maillot conmemorativo desta VIII marcha e a homenaxe a Otero Currás. Os participantes inscritos poderán recoller o dorsal tanto o sábado día 9 de outubro entre as 19:30 e as 22 horas como o propio día da marcha entre as 7:30 e as 8:40 no pavillón municipal de Vilalba.

Horarios e programa

A xornada comezará contra as 9 horas desde o Pavillón Municipal de Vilalba situado no Campo da Feira, antes, a organización comprobará que cada participante leve o dorsal correspondente, a bicicleta en perfecto estado e o casco homologado. Será motivo de expulsión e retirada de dorsal o incumprimento desta norma.

Ao remate da carreira, os participantes desfrutarán dun xantar no Restaurante A Nova Ruta de Vilalba, onde se entregarán os trofeos aos gañadores, ao ciclista mais veterano, ao mais novo ao clube mais numeroso e ao que proveña de mais lonxe.

Percorrido por Vilalba e Abadín

Durante todo o percorrido, que discorrerá polas localidades de Vilalba e Abadín,  e haberá dous avituallamentos, un exclusivamente líquido no quilómetro 20 e outro líquido e sólido no 26.
Os primeiros quilómetros estarán neutralizados ata chegar ao avituallamento situado no río Arnela, onde se degustarán produtos típicos da Terra Chá. A partir de aí a marcha será libre. Po reste motivo, desde a organizacións e aconsella o emprego de dispositivos GPS e teléfono móbil.

Tamén haberá alternativas de menor distancia o dificultade polas que a organización poderá obrigar a ir aos participantes en función da hora pola que os ciclistas pasen.

Unha das prohibicións será a de tirar lixo ao chan, xa que se habilitarán zonas para facelo. A organización informa de que expulsará a calquera participante que infrinxa esta norma, perdendo a inscrición.

O CC Vilalba-As Pontes porá a disposición dos deportistas un servizo de duchas no propio Pavillón Municipal, un servizo mecánico na saída e no percorrido, así como un seguro de responsabilidade civil e deportivo para os non federados.

Deportes