ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Luz verde para Quesos Entrepinares. O Pleno Ordinario do Concello de Vilalba aprobou por unanimidade a ampliación do Parque Empresarial de Sete Pontes, requisito imprescindible para que a empresa vallisoletana poida ocupar os 70.000 metros cadrados que se destinarán á súa planta produtiva.
Nin BNG, PSOE e PP puxeron inconveniente algún para que se desenrolase o proxecto, polo que soamente quedará a ampliación da depuradora por parte de Xestur para que a firma queixeira chegue a Vilalba.
Este foi o principal punto dun pleno extraordinariamente cordial, onde tan só houbo disensións no tocante á moción do PSdeG-PSOE vilalbés de conmemorar o 30 aniversario das primeiras eleccións municipais cun manifesto por parte do concello e coa celebracións de diferentes actividades que promovesen a importancia do municipalismo entre a veciñanza.
Desde o BNG e o Partido Popular, considerouse que a actual situación económica debe conter os gastos e suprimir aqueles que sexan considerados superfluos. Barallouse a posibilidade de remitir esta iniciativa á FEGAMP para que, desde esta institución, se conmemorase esta efeméride, pero acabouse por rexeitar calquera opción cos votos en contra de BNG e PP e a favor do PSOE.
En canto á cesión do Centro de Saúde á Consellería de Sanidade, os 3 grupos municipais acordaron o traspaso, sempre e cando se garantizase a cualificación do chan e dos accesos do Centro como de uso público, xa que ata o de agora estaba considerado como patrimonial.
Outro dos puntos foi a posibilidade de eximir do pago das taxas municipais a aqueles veciños que acrediten un dano importante, provocado polo pasado temporal de xaneiro, nas súas propiedades. Unha vez aceptada a reclamación do PSOE de establecer medidas de control de estas axudas, todos os partidos presentes no salón de plenos aprobaron a medida.
Por último, no apartado de rogos e preguntas, atendéronse as reclamacións do representante do BNG, Xosé Manuel Irimia, de convocar á Comisión de Deportes para estudar a realización dunha carreira popular en Vilalba, de incluír sinalizacións na vila para atopar a recentemente creada área de autocaravanas e a presenza da policía local nos colexios en horas punta para canalizar o tráfico que se xera nesa zona.