Vilalba fixo de anfitrioa do deportivismo galego

Vilalba fixo de anfitrioa do deportivismo galego

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O deportivismo galego xuntouse o venres en Vilalba. A Federación de Peñas do clube branquiazul escolleu a sede do seu decano, a Peña Deportivista de Vilalba é a mais antiga de Galicia, para facer unha reunión no que perfilar novos proxectos e comentar o estado da asociación e do equipo herculino. Á xuntanza acudiron máis de 15 peñas de toda Galicia.

Un dos proxectos que se debateron no Restaurante Casa Seijo da vila chairega foi a creación dunha serie de reunións e xuntanzas itinerantes para tratar aspectos operativos vinculados á Federación de Peñas, ademais de visitar os diferentes locais sociais dos seus membros. Este plan, aínda que ben encamiñado e perfilado, non posúe un calendario fixado na actualidade. Os obxectivos da Federación son elaboralo pouco a pouco, para que estea listo a curto ou medio prazo.

Sociedade