ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha das maiores festas de música electrónica chegará a Vilalba en verán. A iniciativa do Dj vilalbés Marcos Peón de traer “A taste of Ibiza” callou e, xunto con Dj Frisco, farán posible que os chairegos e os lugueses desfruten dunha das mellores “Parties” do clubbin internacional en xuño.
Estes dous músicos galegos puxeron en marcha un tour mundial dunha festa electrónica que será unha das referencias musicais mais importantes do 2010. 'A Taste of Ibiza' é o nome deste evento que terá a Vilalba como o punto de partida en Galicia.
Esta festa contará, ademais de Peón e Frisco, con dous dos pícaos de discos máis importantes da escena internacional, Marcos Rodríguez, con tres lp´s de platino, e autor de grandes temas como 'Bora Bora', 'Que levante a man a miña xente'', 'Gold' e 'Addicted'; e Carlos Gallardo, autor do boom de 2009: 'Don ´ t let this moment end', 'Tears of Calcuta' ou 'Sevilla.
Para que non lle falte de nada, os dous organizadores contan cunha das mellores vocalistas de todo o territorio español, Ronsel Martín, unha muller capaz de poñer os pelos de punta a calquera espectador cos seus live acts.
Outra parte da programación serán os percusionistas, saxofonistas, guitarristas, performances láser, drag queens, gogos, pirotecnia, merchandising e xogos visuais que tomarán a vila chairega a comezos do verán do 2010. Dj Frisco e Marcos Peón crearán, así mesmo, un cd recopilatorio con tracks dos dj' s participantes.
'A Taste of Ibiza' pronto viaxará ao estranxeiro a maiores das cidades españolas onde se darán cita con esta espectacular festa electrónica. Estes dous exitosos dj 's galegos teñen datas confirmadas para levala a Suíza, Alemaña e a El Salvador.
Marcos Peón é un Dj vilalbés ben coñecido nestas terras polas súas sesións nunha das macrodiscotecas máis importantes do noroeste español, a TROCO. Despois de editar o seu primeiro single en outubro do 2008, a súa música chegou ata a grande pantalla como parte da banda sonora do filme "Agallas". Baixo o pseudónimo de Dummie Project, conseguiu colocarse nas listas máis importantes de Norte América, grazas ao seu remix do tema "Love beat" de 2 Seal & dj Frisco. Con esta formación estreará en breve novo sinxelo e colaboracións de vertixe.
Por outra parte, Dj Frisco tampouco necesita presentación en Galicia, despois de 9 anos picando nos 40 principais, hoxe é o responsable da programación das emisoras formula hit en Galicia (www.formulahitgalicia.net), ademais de ser o director e presentador de "Hit Clubbin" (www.hitclubbin.com), radio show nomeado aos deejaymags en 2007,2008 e 2009, que se emite a través das máis de 70 emisoras Fórmula hit distribuídas por toda España. Este radio dj, orixinario de A Coruña, leva o son House polos mellores clubs, non só nacionais, senón tamén internacionais. Picou en países como Suíza, Portugal, Rusia e Ucraína, ademais de ser o manager persoal de artistas como Jesse García e ser o propietario de Yellow House Management.