Vilalba terá un corte de auga o vindeiro mércores pola mañá

Vilalba terá un corte de auga o vindeiro mércores pola mañá

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Vilalba sufrirá un corte de auga o vindeiro mércores 1 de abril de 09.00 a 14.00 horas. Desde a concellería de infraestruturas da capital chairega se informa de que na maioría do municipio que conta con este servizo o corte non será total, senón que descenderá considerablemente a presión do chorro. A única zona onde non haberá auga será o polígono e o barrio de Sete Pontes.

A razón deste corte de auga é o cambio de trazado da tubaria que abastece Vilalba por mor das obras da Autovía Transcantábrica (A-8) que se están a levar no concello.

Sociedade