Vilar do Colo volve ao traballo

Vilar do Colo volve ao traballo
13 de Abril, 2020 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

Ningún fogar ou empresa de Fene quedará sen suministro de auga en caso de impago. É un acordo adoptado entre o concello de Fene e a empresa Viaqua quen aplicou a cota "0" á hostelería e comercio no primeiro trimestre do ano.

ESCOITA O PODCAST:

A obra pública do Concello de Fene pode reanudarse despois da apertura á actividade económica prescindible. En palabras do concelleiro de Facenda,  pódense iniciar obras incluídas no POS (Plan de obras e servicios da Deputación) que quedaran paradas ante a declaración da Alarma sanitaria. Afirma Manuel Polo que no concello de Fene, como nos demais lugares, empezan a traballar entre hoxe (Festivo de Chamorro na cidade de Ferrol) e mañá aquelas industrias que decretou o goberno e que non dependen directamente do consumo, como é o caso do estaleiro de Navantia, moitas de Vilar do Colo ou a Construcción.  Desde hoxe veremos o volumen que esta medida supón.

O departamento local de Facenda adoptou algunas medidas para esta época de crise e de peche de moitas pemes ou do cese do traballo de moitos autónomos, a maioría do comercio e hostelería. A primeira foi acordar coa empresa Viaqua que os recibos non sexan un problema para as familias, as pemes ou os autónomos. Así, demórase a emisión dos recibos, de 60 a 90 dias. Para os autónomos e pemes actívanse financiamentos e xuros das cotas.

Estableceuse a cota “0” á hostelería e comercio, válida para o trimestre de xaneiro, febreiro e marzo, tanto da auga como do saneamento. E, explica Manuel Polo, existe a garantía de que non se cortará o suministro de auga por impago en ningún caso, xa se trate de familias ou de empresas.

O departamento da Facenda municipal estuda outras medidas a adoptar a causa da crise sanitaria, a pesar de que a Lei de Facendas locais non permite eximir do pago de taxas, sí dalgún imposto. Pon o exemplo Manuel Polo das terrazas de hostelería que non se pasaron a cobro. Están pendentes das medidas que se poden adoptar "o día despois". Se non son as taxas, afirma Polo, poden ser outras vías de subvencións nominais, etc, pero “temos que ver o alcance final da crise”.

Institucional

Publica o teu comentario agora