ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O animador sociocultural do Concello, Jorge Rivera, define a feira das flores como a “feira grande de Vilarmaior”. É por iso que este evento se artella en torno aos elementos máis próximos aos seus veciños como son os animais e as prantas.
Coa lectura do pregón inaugural a cargo de José Ramón Rioboo, editor do xornal “El Entorno Metropolitano”, comezará este domingo ás dez da mañá a XXII Feira das Flores de Vilarmaior. A esa hora tamén está previsto que abran os postos de exposición de flores e productos artesáns, que darán paso ao longo da mañá ás actuacións do grupo Ferreñas de Doroña e aos primeiros concursos.
No programa desta nova Feira das Flores inclúense probas de andadura chapeada e serrada e de cabalos de doma e arrastre, ademais do xa tradicional concurso de cans. Ao longo da xornada haberá tamén distintas exhibicións a cargo da asociación galega O Cabalo Axuda, comezando ao redor do mediodía por un pase especial de circo no que participarán un can, un burro e varios cabalos. Pola tarde, ás seis e media, está prevista unha segunda demostración de doma vaqueira e alta escola para concluir, unha hora despois, coa entrega de premios e clausura do certame.