Vinte anos de Fenerock

Vinte anos de Fenerock
16 de Marzo, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O FeneRock cumpre dúas décadas de vida e para celebralo, desde a organización xa confirmaron ás dúas primeiras bandas que forman parte do cartel deste ano. Heredeiros da Crus, unha das bandas máis icónicas do rock galego, regresa aos escenarios tras un pequeno parón. Preséntase como un dos pratos fortes do festival.

Fenerock 2022

Xunto aos galegos estarán tamén os asturianos Me Fritos and The Gimme Cheetos, que chegarán a Fene coa sua  punkchanga, versións punk rock dos temas máis festeiros. O FeneRock celebrarase os días 22, 23 e 24 de setembro no paseo marítimo de San Valentín (Fene). As entradas xa están á venda. Pódense adquirir na web www.entradium.com

 

Na imaxe Fenerock 2022 (Fotografía Xan Xe)

Sociedade

Publica o teu comentario agora