Vinte mulleres da parroquia de Vilantime participan nun curso de musicoterapia

Vinte mulleres da parroquia de Vilantime participan nun curso de musicoterapia

29 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Arzúa fixo realidade numerosas peticións dos veciños e veciñas das zonas rurais que tiñan solicitado entre outros cursos de manualidades ou actividades deportivas como ximnasia de mantemento. Hoxe en día, nos locais sociais de Arzúa xa se ofrecen cursos e actividades máis completas e

A Concelleira de Benestar de Arzúa, Aurora Varela, daba conta esta mañá da importancia de desenvolver iniciativas deste estilo “nas zonas rurais do noso concello onde os veciños e veciñas teñen unha oferta de actividades moito máis limitada ca os que viven no casco urbano”, é por iso, engadiu, que nos últimos anos “tratamos de converter os locais sociais parroquias en centros de ocio e dinamismo da vida do rural contando cunha grande aceptación por parte dos veciños”. Hoxe en día, a práctica totalidade das parroquias de Arzúa conta con algunha oferta formativa ou lúdica que se lle ofrece dende o concello e que abarca actividades tales como talleres de cestería, ximnasia de mantemento, técnicas para a habilidade social, talleres sobre memoria, arte florar ou motricidade.

Na actualidade estase preparando un obradoiro sobre adornos de Nadal que será impartido en todas as parroquias; segundo deu a coñecer a Concelleira de Benestar Social “a media de participantes nos obradoiro é dunhas 15 persoas, aínda que hai casos como a parroquia de Boente onde o número de veciños nunca baixa dos vintecinco”.

O obradoiro de musicoterapia está aberto á participación de todos os veciños do rural, impartirase no local social de Vilantime o vindeiro luns, día 2 de novembro, en horario de 4 a 8 da tarde.

Sociedade