ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As escolas municipais de música do Concello de Fene pechan un novo curso e, como adoitan facer tódolos anos cando se achega este momento, queren despedilo facendo unha demostración dos coñecementos adquiridos polos alumnos ao longo dos últimos meses. A cita será o vindeiro xoves a partir das cinco do serán na Casa da Cultura.
Os alumnos interpretarán neste festival de clausura pezas ao piano, cantarán cancións e algúns, incluso, sorprenderán ao público con algunha que outra “escenografía cómica”. Adiantouno en Radiofusión Cristina Tucceli, unha das mestras, ademais de fundadora hai 24 anos da escola de piano do Concello de Fene. Tucceli explicou que calquera persoa pode chegar a entender, aprender e a interpretar música, aínda que lle pareza que non ten unhas aptitudes especiais. Tamén asegurou que para empezar no estudo da música “non hai idade”.
Trinta e catro alumnos participaron este ano nas escolas municipais de música do Concello de Fene. A profesora, Cristina Tucceli, amosouse moi satisfeita polo notable incremento da matrícula con respecto ao curso anterior e dixo que foi un acerto que, por parte do Concello, decidiran ampliar o límite de idade para tomar parte na actividade. Tamén afirmou que nestas escolas municipais os alumnos aprenden a entender a música, a interpretala, a cantar, a seguir o ritmo e, o que é máis importante, “a vivir a música”.