ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un compromiso coas mulleres que sofren violencia en todo o mundo. O fotoxornalista arxentino, Walter Astrada, inaugura mañán no Museo Pedagóxico de Santiago de Compostela a exposición “ Violencia contra as mulleres”, un proxecto da ONG Humana Fundación Pueblo para Pueblo que conta coa colaboración da Secretaría Xeral para a Igualdade.
"Violencia contra as mulleres" acolle 20 imaxes de mulleres sometidas a todas as variedades de violencia en relación co xénero, en catro países diferentes: Guatemala ( 600 mulleres asasinadas), Congo ( en guerra civil permanente onde as mulleres sofren violacións a cotío) , India ( onde os infanticidios femininos provican a falta de mulleres) e Noruega (onde a pesar de ser un país do primeiro mundo e dos máis seguros, 80 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas entre o ano 2000- 2013).
Walter Astrada obtivo o premio World Press Photo en tres ocasións, a última no 2010. O xoves estará en Compostela na inauguración da mostra “ Violencia contra as mulleres” que permanecerá un mes na capital galega.