ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Somos máis agresivos cando fai calor? Das consecuencias que teñen as vagas de calor na saúde e no comportamento das persoas falamos esta semana en Radio Fene co psicólogo José Barcia Tuccelli.

Cando vai moita calor debemos evitar a exposición ao sol nas horas de máis altas temperaturas, estar ben hidratados e para manter o noso equilibrio emocional convén aceptar a situación e non ter o foco posto sempre no problema. A calor xera malestar e falta de confort. Aumenta a irritabilidade e pasamos máis tempo na rúa, co que medra o consumo de alcol. Nese contexto podemos deixar caer os filtros e as persoas máis agresivas poden protagonizar comportamentos violentos, explica o psicólogo José Barcia Tuccelli. Segundo algúns estudos, con 1 ou 2 graos máis da temperatura media aumentaría 3-5% este tipo de delitos. O que non medra son os grandes delitos que teñen que ver co crime organizado, sinala Barcia Tuccelli.
Publica o teu comentario agora