ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un partido de fútbol veterano o pasado domingo en Meicende rematou cunha pelexa entre dous participantes. O psicólogo José Barcia falou en Radio Fene dese tipo de conflitos nos que aparece un vínculo e un espazo. O terceiro elemento está relacionado coas emocións, o compoñente afectivo
A pelexa en Meicende empezou porque alguén lle tocou a cara a outro. Cal é o motivo da resposta violenta? O que a persoa pensa que significa que lle toquen a cara. Unha vez que se iniciou o conflito, hai que atacar o elemento emocional, segundo José Barcia. Temos que deixar de botar lixo arredor do asunto, non defender cousas indefendíbeis. En calquera caso, non se debe asociar o comportamento violento a o deporte. Tamén o domingo houbo unha denuncia por agresión dun apoderado nas eleccións galegas e a ninguén se lle ocorre relacionar a violencia cos comicios, asegura o psicólogo.
Imaxe do partido Perlío - Maniños, o pasado domingo. Primeira Galicia de fútbol
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora