ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A sociedade actual xera unha escasa tolerancia á frustración. Pero todo o referido ao comportamento está relacionado co que aprendemos. Nas redes sociais, nos fogares e na escola. A hora de falar de violencia no deporte non se trata de poñer o foco exclusivamente nas escolas deportivas. A violencia é un problema da sociedade, para o psicólogo José Barcia Tuccelli.

O Comité de Competición e Disciplina da Federación Galega de Fútbol impuxo unha sanción de seis meses de inhabilitación ao futbolista cadete dun club de Ferrol que agrediu a un rival. Hai uns dias. Os feitos tiveron lugar no campo da Gándara. Agora, o organismo federativo pronúnciase impondo un castigo de medio ano afastado dos terreos de xogo para o infractor. Un feito de violencia no deporte, pero tamén de violencia na sociedade.
Publica o teu comentario agora