Viqueira, un dos grandes humanistas galegos do século XX

Viqueira, un dos grandes humanistas galegos do século XX

23 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O historiador Xesús Torres abre este xoves en Bergondo as I Xornadas de Pensamento Galego, cun repaso pola vida e a obra de Johan Vicente Viqueira, ás oito da tarde no Centro Cultural da Senra. O encontro pretende servir de xérmolo da constitución dunha Fundación que propague a obra do filósofo e pedagogo galeguista. Foi un dos grandes humanistas galegos do século XX e viviu e morreu na finca familiar de San Fiz de Vixoi (Bergondo A Coru&ntil

Xoán Vicente Viqueira forma xunto cos irmáns Villar Ponte, Luís Porteiro, Lois Peña Novo, Xaime Quintanilla e Victor Casas, a fornada de lideres novos, verdadeiros promotores do salto do galeguismo ao nacionalismo. Formulan e dirixen o nacionalismo galego democrático de 1918 a 1924.Justo G.Beramendi e Xose Manuel Núñez Seixas encadran a Viqueira no que denominan "idealismo krausista". Para él, a cultura é resultado da acción do home de carne e óso, e enxerga a historia humana "movida polos grandes ideais, ante todo o da libertade". Con Peña Novo, encabeza o sector das Irmandades da Fala que promove a participación nas eleccións na Restauración. Lograrán a elección de Lois Peña Novo como concelleiro na Coruña en 1920.

 

Segundo Antón Costa Rico, a fins de agosto de 1924, por mor da súa enfermidade, morría Viqueira, sendo soterrado por vontade propia de modo civil na campa de A Lagoa, Ouces (Bergondo), momento este no que a súa dona Jacinta Landa, cos seus tres fillos regresaría a Madrid, para exercer a docencia de novo no Colexio Plurilingüe. O golpe de estado franquista de 1936 interrompeu esta estancia madrileña e logo de dolorosas peripecias, finalmente, Jacinta Landa e os tres fillos exiliaríanse a México D.F., onde morreu Jacinta Landa con 100 anos, e onde aínda viven actualmente xa na fronteira dos 90 anos os fillos na compaña doutros familiares. “Alma penetrada da beleza da Terra” foi, pois, Xoán Vicente Viqueira, figura notable e sobranceira: filósofo, psicólogo e pedagogo; internacionalista, socialista ético, institucionista e nacionalista galego.

Sociedade