Virginia Bersabé no Perla mural fest

Virginia Bersabé no Perla mural fest
10 de Agosto, 2023 - 09:24 h. | Publicada por Radio Fene

Moita expectación están a causar en Fene os grandes murais artísticos impulsados por Perla mural fest. Sfhir na rúa da Fraga,64, Rubén Paz "Trece trazos" na rúa Travesa,12 e Virginia Bersabé na rúa Santa Olalla,11 plasman as súas creacións en fachadas de distintos edificios. O evento finalizará cun festival musical no Círculo de Perlío o sábado ás 13,30 e as 20 horas.

Fotografía Xan Xe

Virginia Bersabé (Córdoba, 1990) é unha artista ecijana licenciada en Belas Artes pola Universidade de Sevilla, onde realizou tamén o Máster Arte: idea e produción. O seu traballo pictórico, que vai desde gouache sobre papel e pequenos cadernos de viaxe até grandes lenzos de máis de tres metros, tivo como eixo central á muller maior, a súa relación co espazo e as manifestacións físicas e pictóricas da súa memoria e identidade. Participou en numerosas exposicións colectivas, entre as que se contan museos de tanto prestixio como o CAC de Málaga e o MEAM de Barcelona. Así mesmo, participou desde 2017 en exposicións colectivas en Francia e Estados Unidos con PDP Gallery, unha galería de arte urbana e contemporánea con sede en París.

Cultura

Publica o teu comentario agora