Virus, Pelusas, Sushi go!

Virus, Pelusas, Sushi go!
14 de Marzo, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O xogo de mesa español máis vendido do mundo chámase “Virus” e xa estaba no mercado antes da pandemia. Xogo de cartas indicado para maiores do oito anos. É unha das propostas que nos comentou esta semana Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

ESCOITA O PODCAST:

Facerse cun corpo que teña catro órganos sans é o obxectivo deste xogo de mesa. Hai que protexelos dos virus cos que nos atacan outros xogadores. “Virus” e “Pelusas”, outro xogo de cartas co que desenvolver habilidades de planificación e toma de decisións son dúas das propostas que nos comentou esta mañá Juanma Sánchez, da tenda Cáprica. Tamén nos falou dun xogo que consiste en preparar pratos de comida xaponesa. Chámase “Sushi go! Party”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora